O NOSO C.PI.

lunes, 28 de enero de 2019

A XUVENTUDE NO MUNDO.



“A Xuventude no mundo”: edición 2019: intercambios xuvenís a Xapón e Italia.

28 Xan 2019


    “A Xuventude no mundo”: edición 2019: intercambios xuvenís a Xapón e Italia.
    No marco do programa “A Xuventude no mundo” ao abeiro das relacións bilaterais que a Xunta de Galicia mantén con entidades doutros países, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social convoca dous intercambios xuvenís:
    CADROXAPONITALIAObxectivos:  facilitar o coñecemento doutras realidades sociocultural e lingüísticas para a comprensión da diversidade cultural e favorecer e potenciar a adquisición de habilidades e competencias non formais que faciliten o desenvolvemento persoal dos mozos e mozas.
    Destinatarios:  mozos e mozas galegos residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade no momento de realizarse o intercambio e que non participaran nos últimos tres anos (2016-2018) no programa A Xuventude no mundo.
    Prazo de inscrición:  do 28 de xaneiro ao 4 de febreiro de 2019.
    Inscrición:  mediante envío de formulario electrónico dentro do prazo establecido. Só se admitirá unha solicitude por participante.
    Os erros nos datos facilitados na solicitude de participación ou a omisión dalgún deles pode ocasionar a desestimación da solicitude.
    Admítese a inscrición nos dous intercambios, tendo en conta os requisitos de participación en cada un deles. No caso de inscrición dobre o/a solicitante deberá indicar a orde de preferencia de participación.
    Admisión:  será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas para o intercambio. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación nos tres días seguintes, entenderase que non obtivo praza.
    No caso de que unha persoa solicite participar nos dous intercambios, a admisión nun intercambio exclúe a admisión no outro, salvo que non se cubran as prazas deste último.
    Documentación a remitir:  confirmada a praza nos 5 días (naturais) seguintes as persoas  seleccionadas deberán remitir a galeuropa@xunta.gal
    1. Documentación xenérica para os dous intercambios:
    - Unha copia do/s billete/s de transporte adquirido/s para desprazarse ata a cidade do país de realización do intercambio. Non é documento válido a/s reserva/s de voo ou medio de transporte elixido.
    - Copia do Documento Nacional de Identidade.
    2. Documentación específica para o intercambio a Xapón:
    a) Unha copia do seguro de viaxe, de accidentes e de enfermidade.
    b) Unha declaración de compromiso de acoller na súa residencia en Galicia a 1 ou 2 mozos/as xaponeses/as dende as 18:00 horas do 8 ata as 11:00 horas do 11 de marzo de 2019 con motivo do desenvolvemento do intercambio de acollida na comunidade autónoma galega.
    3. Documentación específica para o intercambio a Italia:
    a) Unha copia do seguro de viaxe, de accidentes e de enfermidade.
    * Para acreditar cobertura de viaxe e accidentes admítese copia do Carné Xove.
    * Para acreditar asistencia sanitaria admítese copia Tarxeta Sanitaria Europea ou certificado sustitutorio.
    A non remisión destes documentos no prazo establecido supón a perda da praza no intercambio.
    * No caso de que a persoa seleccionada queira xestionar a súa viaxe con outras persoas participantes no intercambio deberá autorizar á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado a facilitar os seus datos de contacto aos demais participantes, cumprimentado o cadro  habilitado a tal efecto no formulario de inscrición.
    De producirse baixas despois de adxudicarse as prazas, ofertaránselle aos/as solicitantes da lista de agarda, tendo que presentar o billete e demais documentación nos 5 días (naturais) seguintes da comunicación.
    No caso de que o billete de transporte adquirido fose anulado posteriormente a súa remisión á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a praza para o intercambio será anulada e considerada non adxudicada.
    Recibidos correctamente os documentos requiridos, aos seleccionados/as seralles facilitado, posteriormente, o nome do/a coordinador/a que acompañará ao grupo, así como o lugar de encontro no lugar de realización do intercambio.
    Realizarase o intercambio se existe un mínimo da metade das prazas convocadas para cada un.

    INTERCAMBIO XUVENIL Á PREFECTURA DE WAKAYAMA (XAPÓN)
    Título:  “O Camiño Kumano Kodo: Patrimonio da Humanidade”.
    Datas de realización do intercambio:  do 19 ao 26 de agosto de 2019.
    Observacións:
    ** O 19 de agosto, entre as 17.00 h e as 18.00 horas (hora xaponesa) todos os mozos e mozas participantes deberán estar  no punto de encontro sinalado no aeroporto de Kansai - Wakayama.
    ** É obrigatorio participar no intercambio a totalidade dos días, é dicir, ata o 26 de agosto.
    Prazas:  15 (acompañados/as dun/ha coordinador/a).
    Cobertura do intercambio:
    - Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.
    - Trasporte no ámbito do intercambio.
    - Actividades organizadas pola entidade de acollida.
    - 4 días de estancia con familias xaponesas.
    Será a cargo do/a participante:
    - Os gastos de desprazamento ata o lugar de aloxamento do intercambio en Xapón.
    - Os gastos do seguro de viaxe, de accidente e de enfermidade.
    Estancia con familias:  os mozos/as participantes neste intercambio de ida a Xapón adquiren o compromiso de acoller na súa residencia en Galicia a 1 ou 2 mozos/as xaponeses/as dende as 18:00 h do día 8 de marzo  ata as 11:00 h do 11 de marzo de 2019.
    Coa antelación suficiente, comunicarase o punto de encontro na cidade de Santiago de Compostela para a recollida e entrega do/s mozo/as xaponesas os días 8 e 11 de marzo de 2019.
    Actividades provisionais previstas:  percorrido un tramo do Camiño Kumano Kodo, visita a lugares tradicionais da cultura xaponesa, encontros con mozos e mozas xaponeses,  e aloxamento durante 4 días con familias xaponesas.
    Reunión previa á saída:  Os /as mozos/as seleccionados/as serán convocados a unha reunión preparatoria do intercambio previo ao inicio do intercambio, no día e lugar que determine a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. A asistencia será obrigatoria, agás causa de forza maior debidamente xustificada. A data de realización desta reunión será comunicada por correo electrónico con antelación suficiente.
    Recomendación de aeroporto máis preto para chegar ao lugar de destino do país de realización do intercambio:  Aeroporto de Kansai.

    INTERCAMBIO XUVENIL A VENECIA (ITALIA)
    Título:  “Patrimonio histórico - artístico de Venecia: Patrimonio da Humanidade”.
    Datas de realización do intercambio:  do 2 ao 9 de setembro  de 2019.
    ** É obrigatorio participar no intercambio a totalidade dos días.
    Prazas: 20 (acompañados/as dun/ha/s coordinador/a/s).
    Cobertura do intercambio:
    - Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.
    - Transporte no ámbito do intercambio.
    - Actividades organizadas pola entidade de acollida.
    Será a cargo do/a participante:
    Os gastos de desprazamento ata o lugar de aloxamento do intercambio en Italia.
    * Nos días anteriores ao inicio do intercambio se comunicará ás persoas participantes o lugar de aloxamento en Venecia.
    Os gastos do seguro de viaxe, de accidente e de enfermidade.
    Actividades provisionais previstas:  entre outras, actividades de ocio educativo e culturais, visita á Basílica e Praza de San Marcos, ao Palacio Ducal, illas de Murano e Burano, ao Teatro La Fenice, Museo de Historia Natural, workshops, encontros con mozos e mozas venecianos/as e cea intercultural.
    Recomendación de aeroportos máis pretos para chegar ao lugar de destino do país de realización do intercambio:
    - Aeroporto Internacional Marco Polo - Venecia.
    - Aeroporto de Sant´Angelo – Treviso.
    MÁIS INFORMACIÓN
    981545702
    galeuropa@xunta.gal

    ENCONTRO ESTATAL DE CORRESPONDENTES XUVENÍS

    Buscamos 20 voluntarios/as para participar nun Encontro de Correspondentes Xuvenís de toda España, que se desenvolverá en Gandarío do 5 ao 7 de abril.

    Requisitos para participar:
    - Ser Correspondente Xuvenil
    - Estar en 2º, 3º, 4º da ESO ou 1º de Bacharelato

    Cómo podedes participar?
    Paso 1: organízadevos en grupos de dúas persoas.
    Paso 2: realizade un vídeo que dure entre 1 e 3 minutos.
    Paso 3: enviade o video a institutoxuventude.ctb@xunta.galantes do 18 de febreiro
    Paso 4: esperade a resolución do xurado. Elixiranse 10 videos. Sede creativos, orixinais e cuidade a calidade da imaxe e do son.

    10 videos x 2 persoas= 20 participantes

    O tema do video: amosar e difundir a nosa comunidade autónoma, os seus atractivos, lugares ou puntos de interese, enfocando o proxecto cara a mobilidade xuvenil en Galicia a través dos albergues xuvenís da REAJ existentes como opción de aloxamento.


    Xa estamos esperando os vosos proxectos...

    Centro Coordinador de Información Xuvenil
    Rúa Ramón Piñeiro 17-19 baixo, 15702 Santiago de Compostela
    Teléfono 881 997 606