TRAÉMOSVOS ESTA INFORMACIÓN PARA QUE COÑEZADES OS DISTINTOS PREMIOS QUE PODEDES GAÑAR CON ESTA ACTIVIDADE:
250 EUROS en bonos para a teatrofilia
REQUISITOS PARA O CONCURSO:
COMO?
- Os carteis teñen que versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro. Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema.
- Os/as creadores/as dos carteis que se presenten ao concurso serán responsables da orixe da obra e, se esta estivera inspirada nun traballo alleo, deberán dispoñer da autorización do seu autor/a.
- O tamaño dos carteis debe ser formato A3 (297x420mm).
- Poderán realizarse con calquera técnica (pictórica, fotográfica, informática, etc.).
- No cartel figurará rotulado: Teatrofilia XVI Mostra de Teatro Amador de Vedra
- É obrigatorio empregar a tipografía “Alba” para a palabra Teatrofilia. Esta pódese descargar no seguinte enderezo web: http://www.fontreactor.com/
- Deberase ter en conta que nalgún lugar do cartel irá a programación da mostra así coma os logotipos das entidades que fan posible Teatrofilia.
- O xurado deste concurso valorará a orixinalidade dos carteis, así como a súa eficacia comunicativa e o impacto e a calidade do deseño
DATAS?
- A data límite para a presentación de carteis é o 10 de xaneiro de 2019.
- En ningún caso o cartel deberá ir identificado co nome do autor/a nin con pseudónimo.
- Os participantes deberán presentar unha copia do seu traballo en tamaño folio. Dita copia e a identificación (nome e apelidos, número de teléfono e correo electrónico, data de nacemento no caso de ser participante do accésit infantil) do autor/a ten que presentarse nun sobre pechado. Sería desexable, aínda que non imprescindible, unha copia do traballo en soporte informático.
- Os sobres pechados xunto cos carteis poderanse presentar ata o 10 de xaneiro (inclusive) na Casa do Concello de Vedra ou a través de correo postal:
Asociación Cultural Papaventos
Rúa da Boca, nº 9 CP 15885, Vedra (A Coruña)
Tanto nos sobres enviados por correo postal como nos presentados na Casa do Concello de Vedra deberá figurar na parte exterior o asunto: XIV Concurso de Carteis Teatrofilia 2019.
No hay comentarios:
Publicar un comentario