“A Xuventude no mundo”: edición 2019: intercambios xuvenís a Xapón e Italia.
28 Xan 2019
“A Xuventude no mundo”: edición 2019: intercambios xuvenís a Xapón e Italia.
No marco do programa “A Xuventude no mundo” ao abeiro das relacións bilaterais que a Xunta de Galicia mantén con entidades doutros países, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social convoca dous intercambios xuvenís:
Obxectivos: facilitar o coñecemento doutras realidades sociocultural e lingüísticas para a comprensión da diversidade cultural e favorecer e potenciar a adquisición de habilidades e competencias non formais que faciliten o desenvolvemento persoal dos mozos e mozas.

Destinatarios: mozos e mozas galegos residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade no momento de realizarse o intercambio e que non participaran nos últimos tres anos (2016-2018) no programa A Xuventude no mundo.
Prazo de inscrición: do 28 de xaneiro ao 4 de febreiro de 2019.
Inscrición: mediante envío de formulario electrónico dentro do prazo establecido. Só se admitirá unha solicitude por participante.
Os erros nos datos facilitados na solicitude de participación ou a omisión dalgún deles pode ocasionar a desestimación da solicitude.
Admítese a inscrición nos dous intercambios, tendo en conta os requisitos de participación en cada un deles. No caso de inscrición dobre o/a solicitante deberá indicar a orde de preferencia de participación.

Admisión: será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas para o intercambio. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación nos tres días seguintes, entenderase que non obtivo praza.
No caso de que unha persoa solicite participar nos dous intercambios, a admisión nun intercambio exclúe a admisión no outro, salvo que non se cubran as prazas deste último.

Documentación a remitir: confirmada a praza nos 5 días (naturais) seguintes as persoas seleccionadas deberán remitir a galeuropa@xunta.gal
1. Documentación xenérica para os dous intercambios:
- Unha copia do/s billete/s de transporte adquirido/s para desprazarse ata a cidade do país de realización do intercambio. Non é documento válido a/s reserva/s de voo ou medio de transporte elixido.
- Copia do Documento Nacional de Identidade.
2. Documentación específica para o intercambio a Xapón:
a) Unha copia do seguro de viaxe, de accidentes e de enfermidade.
b) Unha declaración de compromiso de acoller na súa residencia en Galicia a 1 ou 2 mozos/as xaponeses/as dende as 18:00 horas do 8 ata as 11:00 horas do 11 de marzo de 2019 con motivo do desenvolvemento do intercambio de acollida na comunidade autónoma galega.
3. Documentación específica para o intercambio a Italia:

* Para acreditar cobertura de viaxe e accidentes admítese copia do Carné Xove.
* Para acreditar asistencia sanitaria admítese copia Tarxeta Sanitaria Europea ou certificado sustitutorio.
A non remisión destes documentos no prazo establecido supón a perda da praza no intercambio.
* No caso de que a persoa seleccionada queira xestionar a súa viaxe con outras persoas participantes no intercambio deberá autorizar á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado a facilitar os seus datos de contacto aos demais participantes, cumprimentado o cadro habilitado a tal efecto no formulario de inscrición.
De producirse baixas despois de adxudicarse as prazas, ofertaránselle aos/as solicitantes da lista de agarda, tendo que presentar o billete e demais documentación nos 5 días (naturais) seguintes da comunicación.
No caso de que o billete de transporte adquirido fose anulado posteriormente a súa remisión á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a praza para o intercambio será anulada e considerada non adxudicada.
Recibidos correctamente os documentos requiridos, aos seleccionados/as seralles facilitado, posteriormente, o nome do/a coordinador/a que acompañará ao grupo, así como o lugar de encontro no lugar de realización do intercambio.
Realizarase o intercambio se existe un mínimo da metade das prazas convocadas para cada un.

INTERCAMBIO XUVENIL Á PREFECTURA DE WAKAYAMA (XAPÓN)
Título: “O Camiño Kumano Kodo: Patrimonio da Humanidade”.
Datas de realización do intercambio: do 19 ao 26 de agosto de 2019.
Observacións:
** O 19 de agosto, entre as 17.00 h e as 18.00 horas (hora xaponesa) todos os mozos e mozas participantes deberán estar no punto de encontro sinalado no aeroporto de Kansai - Wakayama.
** É obrigatorio participar no intercambio a totalidade dos días, é dicir, ata o 26 de agosto.

Prazas: 15 (acompañados/as dun/ha coordinador/a).
Cobertura do intercambio:
- Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.
- Trasporte no ámbito do intercambio.
- Actividades organizadas pola entidade de acollida.
- 4 días de estancia con familias xaponesas.

Será a cargo do/a participante:
- Os gastos de desprazamento ata o lugar de aloxamento do intercambio en Xapón.
- Os gastos do seguro de viaxe, de accidente e de enfermidade.

Estancia con familias: os mozos/as participantes neste intercambio de ida a Xapón adquiren o compromiso de acoller na súa residencia en Galicia a 1 ou 2 mozos/as xaponeses/as dende as 18:00 h do día 8 de marzo ata as 11:00 h do 11 de marzo de 2019.
Coa antelación suficiente, comunicarase o punto de encontro na cidade de Santiago de Compostela para a recollida e entrega do/s mozo/as xaponesas os días 8 e 11 de marzo de 2019.

Actividades provisionais previstas: percorrido un tramo do Camiño Kumano Kodo, visita a lugares tradicionais da cultura xaponesa, encontros con mozos e mozas xaponeses, e aloxamento durante 4 días con familias xaponesas.
Reunión previa á saída: Os /as mozos/as seleccionados/as serán convocados a unha reunión preparatoria do intercambio previo ao inicio do intercambio, no día e lugar que determine a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. A asistencia será obrigatoria, agás causa de forza maior debidamente xustificada. A data de realización desta reunión será comunicada por correo electrónico con antelación suficiente.
Recomendación de aeroporto máis preto para chegar ao lugar de destino do país de realización do intercambio: Aeroporto de Kansai.
INTERCAMBIO XUVENIL A VENECIA (ITALIA)
Título: “Patrimonio histórico - artístico de Venecia: Patrimonio da Humanidade”.
Datas de realización do intercambio: do 2 ao 9 de setembro de 2019.
** É obrigatorio participar no intercambio a totalidade dos días.

Prazas: 20 (acompañados/as dun/ha/s coordinador/a/s).
Cobertura do intercambio:
- Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.
- Transporte no ámbito do intercambio.
- Actividades organizadas pola entidade de acollida.
- Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.
- Transporte no ámbito do intercambio.
- Actividades organizadas pola entidade de acollida.
Será a cargo do/a participante:
Os gastos de desprazamento ata o lugar de aloxamento do intercambio en Italia.
* Nos días anteriores ao inicio do intercambio se comunicará ás persoas participantes o lugar de aloxamento en Venecia.
Os gastos do seguro de viaxe, de accidente e de enfermidade.

Actividades provisionais previstas: entre outras, actividades de ocio educativo e culturais, visita á Basílica e Praza de San Marcos, ao Palacio Ducal, illas de Murano e Burano, ao Teatro La Fenice, Museo de Historia Natural, workshops, encontros con mozos e mozas venecianos/as e cea intercultural.
Recomendación de aeroportos máis pretos para chegar ao lugar de destino do país de realización do intercambio:
- Aeroporto Internacional Marco Polo - Venecia.
- Aeroporto de Sant´Angelo – Treviso.

MÁIS INFORMACIÓN
981545702
galeuropa@xunta.gal
981545702
galeuropa@xunta.gal
No hay comentarios:
Publicar un comentario