O NOSO C.PI.

martes, 12 de febrero de 2019

IV CERTAME DE TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN DO CAMIÑO INGLÉS

IV Certame de traballos de investigación do Camiño Inglés

06 Feb 2019




O Concello de Oroso convoca o IV Certame de traballos de investigación do Camiño Inglés
Establécense 3 categorías no certame:
- Investigadores
- Peregrinos: Peregrinos maiores de idade
- Menores de 18 anos.
Xunto co solicitude de participación presentarase os traballos que deberán referirse a calquera faceta do Camiño Inglés (histórica, lingüística, xeográfica, botánica, ecolóxica...) tanto en Galicia como noutras partes de España ou noutros países.
Os traballos deberan presentarse nun sobre cerrado que conterá un CD co traballo en dous formatos dixitais (Word e PDF) e unha copia en papel. Quedan exceptuados da presentación en formato dixital os estudantes de primaria e infantil que poderán presentalos escrito a man.
Extensión mínima dos traballos:
Investigadores: 18.000 carácteres
Peregrinos: 5.000 caracteres
Menores de 18 anos: 2.500 carácteres.
Admítense fotos, debuxos e infografías citando a súa procedencia. O Autor ou autores responsabilízase de que no estean suxeitos a dereitos de autor.
Cada autor ou autores poderán presentar cantos traballos desexen.
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o día 13 de abril de 2019.
Premios
- CATEGORÍA INVESTIGADORES:
Primeiro premio: 1.000 euros
Segundo premio: 500 euros
Terceiro premio: unha tableta (valoración: ata un máximo de 150 euros)
- CATEGORIA PEREGRINOS:
Primeiro premio: 500 euros
Segundo premio: unha tableta (valoración: ata un máximo de 150 euros)
Terceiro premio: Invitación para dúas persoas para coñecer unha semana (sábado e domingo) o
Concello de Oroso con gastos pagados (valoración: ata un máximo de 300 euros). Período de validez
da estancia: 6 meses
- CATEGORIA MENORES DE 18 ANOS:
Primeiro premio: unha tableta (valoración: ata un máximo de 150 euros)
Segundo premio: unha cámara Go pro (valoración: ata un máximo de 150 euros)
Terceiro premio: un bono para mercar nunha tenda do Concello de Oroso por valor de 50 euros.
Período de válidez do bono: 6 meses
As persoas que resulten premiadas recibirán un diploma acreditativo da súa participación no certame

V premio de narración breve da UNED

V Premio de Narración Breve da UNED

07 Feb 2019


    UNED de  Mérida  convoca o V Premio de Narración Breve, iniciativa dirixida ao público en xeral.
    1. A participación neste premio está aberta a calquera persoa, pertenza ou non á comunidade universitaria da UNED.
    2. Admitirase un único orixinal por autor ou autora.
    3. As obras axustaranse ao concepto comunmente aceptado de “relato”, serán orixinais e inéditas, estarán escritas en lingua castelá e non deberán ser premiadas en outros certames, nin estar suxeitas a compromisos editoriais, nin corresponder a  autores falecidos con anterioridade ao anuncio desta convocatoria.
    4. Os orixinais, de temática libre, deberán ter unha extensión non inferior a cinco  páxinas nin superior a dez. Os relatos presentaranse  mecanografiados a dobre espazo e paxinados, en letra tipo Estafes New Roman e corpo 12.
    A súa presentación  será preferiblemente en formato dixital (ficheiro tipo “.doc” ou “.pdf” gravado en CD- ROM ou dispositivo USB). En caso de non dispoñer destes medios, enviarase o relato impreso a unha soa cara por quintuplicado. Non se aceptará a presentación a través de correo electrónico.
    5. A obra deberá ir precedida dunha portada onde se inclúa título de relato e seudónimo.
    6. Á obra, xa sexa en formato dixital ou impreso, achegarase un sobre pechado, en cuxo interior deben figurar título da obra e pseudónimo, cos seguintes datos:
    - Nome e apelidos do autor/a, dirección de e-mail, dirección postal, teléfono de contacto
    - Número de DNI, Pasaporte ou calquera outro documento oficial identificativo
    Os traballos remitiranse por correo postal á Biblioteca do Centro Asociado da UNED en Mérida, sita en R/ Moreno de Vargas, número 10, 1ª planta, especificando no envío “Premio de Narración Breve”.
    O prazo de recepción de orixinais estará aberto ata o 30 de abril de 2019
    Establécense os seguintes premios:
    - Un primeiro premio de 500 euros.
    - Dous  accesit consistentes en dous premios de 100 euros cada un
    As solicitudes deben tramitarse obrigatoriamente en https://sede.xunta.es co procedemento BS305E
    O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 1 de marzo de 2019.
    Máis información no DOG do 1 de febreiro de 2019

    IV Concurso Balbino de Relatos.


    Técnicas & Gramaxe co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Fundación Xosé Neira Vilas, dos concellos de Vila de Cruces e Boqueixón e mais da Deputación de Pontevedra convocan o III Concurso Balbino de Relatos.
    Poderán presentarse textos orixinais, propios e inéditos (relato ou serie de relatos) inspirados na temática do rural galego, do mar e da emigración.
    Os textos terán unha extensión mínima de 100.000 caracteres e máxima de 180.000.
    O texto enviarase a:
    Técnicas e Gramaxe
    R/ Santa Olaia, 18
    36540 Silleda
    ou ao enderezo electrónico: concursobalbino@gmail.com

    Premio:
    O galardón está dotado con 1500 € e a publicación do traballo gañador por Edicións Fervenza 

     Prazo:
    Ata o 29 de xuño de 2019.
    Se queredes consultar máis información entrade en: https://concursobalbino.com/

    Eustory 2019



    Qué é?
    Eustory é un concurso de historia para mocidade que ten como concepto básico “aprender investigando".
    Requisitos
    A participación está aberta aos alumnos nados ou residentes en España, Portugal e calquera estado do continente Americano, dos niveis equivalentes a 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato, FP regrada e  ESPA (estudantes de 14 a 21 anos de centros escolares non universitarios).
    O traballo pode ser individual ou en grupo, sen existir límite de participantes nos traballos de grupo sempre que cursen nos niveis indicados anteriormente. Só se permite un traballo por grupo. Existe a posibilidade de que os traballos estean realizados por estudantes de máis dun país, así como a participación coordinada de centros escolares españois, portugueses e/ou americanos, creando equipos mixtos de traballo.
    O traballo poderá estar tutorizado. Calquera persoa maior de idade que teña relación co tema e a investigación está capacitada para ser titor. O xurado constatará a intervención do titor, quen terá que describir o labor que realizou.
    Tema do concurso: “Transición política”
    As transicións políticas —que transformaron as regras e mecanismos de participación cidadá— tiveron lugar en moitos países a partir dos anos setenta do século pasado. Estes procesos transitaron desde réximes autoritarios ata as democracias actuais. Houbo cambios en valores e normas sociais, en institucións que xa existían e outras de nova creación e na organización económica da sociedade.
    Como se viviu esta transición na túa contorna? Como afectou durante ese período na túa familia ou nalgunha persoa próxima? Hai algún acontecemento dese período sobre o que poidas investigar? Podes reflexionar sobre como evolucionou a memoria desa etapa nos últimos anos?
    Seguramente terás acceso a algún museo, arquivo, hemeroteca, centro de interpretación, fontes bibliográficas, páxinas web, etc., que conserven recordos e axúdenche a obter información que nunca tiveches.
    Entrevista aos protagonistas desta época, visita lugares que representen momentos clave destas transicións… investiga, descobre e enriquece a historia.
    Para participar, é necesario completar o formulario de inscrición e enviar o teu proxecto á seguinte dirección: concurso@eustory.es
    Formulario: http://eustory.es/como-participar
    Prazo:  Os traballos teñen como data límite de presentación o 18 de agosto de 2019 ás 23 h59.
    Formato
    O formato de presentación é libre. Traballo escrito, presentación multimedia, desenvolvemento dunha páxina web, blogue, vídeo, audio, fotografía, obra de arte, texto dramatizado… Podes presentar o proxecto da forma que máis se adecue ao teu estilo.
    Os traballos escritos poderán ter unha extensión máxima de 15.000 palabras. Os traballos audiovisuais non poderán superar os 30 minutos. O informe de procedemento debe ter 2.000 palabras como máximo. O informe do titor non debe superar as 500 palabras.
    Premios
    1 Primeiro premio de 2.500 € Alumnos - 1.250 € Titor
    4 Segundos premios de 1.000 € Alumnos - 500 € Titor
    5 Terceiros premios de 500 € Alumnos - 250 € Titor
    10 Accésit de 200 € Alumnos - 100 € Titor
    Ademais, a Fundación  Körber- Stiftung convoca anualmente aos finalistas do concurso para presentar as súas candidaturas para participar nos Campus de Historia.
    Para máis información consultade: http://eustory.es/reglamento/

    INICIATIVA LOCAIS DIRIXIDAS A XUVENTUDE

    INICIATIVA LOCAIS DIRIXIDAS A XUVENTUDE. Participación e voluntariado convoca  axudas ás entidades locais de Galicia para a posta en marcha de iniciativas locais dirixidas á mocidade.

    Coas iniciativas locais dirixidas á mocidade tratarase de fomentar a realización de actividades de educación non formal e a participación xuvenil no ámbito local, especialmente na actividades enmarcadas nas áreas prioritarias de actuación:
    a) Iniciativa local emprendedora: proxectos relacionados co emprendemento e a empregabilidade dos mozos e mozas.
    b) Promoción de hábitos saudables e prevención de condutas de risco ou violentas entre a poboación xuvenil, así como sensibilización e loita contra calquera forma de discriminación.
    c) Dinamización da información para a mocidade.
    d) Fomento de actitudes creativas e innovadoras da mocidade na súa comunidade e na súa contorna.
    e) Fomento da inclusión social e laboral e da accesibilidade dos mozos e mozas pertencentes a colectivos con dificultades de integración ou especialmente vulnerables.
    f) Dinamización da lingua galega entre a mocidade.
    g) Fomento da participación e o empoderamento das mulleres novas galegas.
    h) Conservación e posta en valor do ambiente e do patrimonio cultural e natural.
    i) Desenvolvemento e dinamización do medio rural.
    j) Creación de espazos para a comunicación e novas tecnoloxías.
    O período subvencionable abranguerá desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2019.
    A contía máxima que se poderá solicitar será de 6.000 euros no caso das solicitudes individuais. Para as solicitudes conxuntas, a contía máxima da solicitude será de 15.000 euros se a entidade ou agrupación está formada por dous concellos e de 22.000 euros se está formada por tres ou máis concellos.
    As solicitudes deben tramitarse obrigatoriamente en https://sede.xunta.es co procedemento BS305E
    O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 1 de marzo de 2019.

    Máis información no DOG do 1 de febreiro de 2019as locais dirixidas á xuventude

    INICIATIVA XERAL 2019





    Iniciativa Xove 2019

    07 Feb 2019





    A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca o programa Iniciativa Xove que consiste en axudas económicas para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas estas como proxectos liderados pola mocidade de Galicia, que se desenvolvan durante o ano 2019, e nos cales as persoas novas sexan as verdadeiras protagonistas, que participarán activamente na planificación e na realización das actividades deseñadas por elas mesmas.
    A finalidade das subvencións é fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma, a través de proxectos integrais e específicos de actuación.
    Áreas de atención prioritaria:
    a) Iniciativa Xove Emprendedora: proxectos que lle permitan á mocidade poñer en marcha as súas ideas no ámbito do emprendemento e da empregabilidade.
    b) Promoción de hábitos saudables e prevención de condutas de risco ou violentas entre a poboación xuvenil, así como sensibilización e loita contra calquera forma de discriminación.
    c) Fomento de actitudes creativas e innovadoras da xuventude na súa comunidade e na súa contorna.
    d) Fomento da inclusión social e laboral e da accesibilidade dos mozos e mozas pertencentes a colectivos con dificultades de integración ou especialmente vulnerables.
    e) Creación de espazos para a comunicación e novas tecnoloxías.
    f) Fomento da participación e do empoderamento das mulleres novas galegas para que colaboren activamente na toma de decisións, na xestión e na execución, desde o asociacionismo ou desde os grupos informais.
    g) Conservación do ambiente e do patrimonio cultural e natural, así como a súa posta en valor.
    h) Desenvolvemento e dinamización do medio rural.
    i) Dinamización da lingua galega entre a mocidade.
    Destinatarios/as:
    a) Os grupos informais de mozos e mozas que desexen realizar unha iniciativa xuvenil.
    b) As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións que as conforman.
    Requisitos:
    - As asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións deberán estar inscritas no censo oficial dependente organicamente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
    - Os grupos informais deberán estar formados por un mínimo de 5 e un máximo de 8 mozas ou mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, debidamente identificados. Unha destas persoas asumirá o papel de representante único do grupo e con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden ao grupo. Será obrigatorio que o grupo teña unha denominación que o identifique. As persoas que o compoñan deberán de estar empadroadas nalgún dos municipios pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentación da solicitude. Non poderá modificarse a composición do grupo unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes.
    - O incumprimento por parte de calquera das persoas membros do grupo do requisito da idade ou do empadroamento suporá a non admisión a trámite da solicitude.
    - Non se admitirá que a mesma persoa forme parte ou pertenza a outro grupo ou asociación, de ámbito autonómico ou provincial, solicitante destas axudas.
    Proxectos:
    Os proxectos deberán levarse a cabo no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
    Só se poderá presentar un proxecto por solicitante e o seu orzamento total non poderá ser superior a 5.000 €.
    Considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza do proxecto presentado, resulten estritamente necesarios para levalo a cabo e financien actividades realizadas desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2019.
    Neste enlace podedes ver proxectos subvencionados en edicións anteriores: http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove
    O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 4 de marzo de 2019.
    Solicitudes: https://sede.xunta.es co procedemento BS306B.
    Máis información no DOG do 4 de febreiro de 2019 e en http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove