O NOSO C.PI.

viernes, 29 de marzo de 2019

XXIV CERTAME LITERARIO DE PIÑOR.


A Asociación Música e Cultura de Galicia convoca o XXIV Certame Literario de Piñor na especialidade de narracións breves.
 
Establécense dúas categorías, premiándose os dous mellores relatos en cada unha delas:
-Categoría A para participantes maiores de idade. 
-Categoría B para participantes menores de idade.
 
Na categoría A premiaranse os dous mellores relatos, con 160 euros para o primeiro clasificado e 125 para o segundo. Entregaráselle ademais a cada un deles un diploma acreditativo do seu galardón e un obsequio conmemorativo.
Na categoría B premiaranse os dous mellores relatos, con 80 euros para o primeiro clasificado e  60 para o segundo. Entregaráselle ademais a cada un deles un diploma acreditativo do seu galardón e un obsequio conmemorativo.
 
Ningún concursante poderá obter dous premios na presente edición deste certame, polo que no caso de ter puntuación suficiente para dous, outorgaráselle soamente o mais importante.
Un premio poderá ser declarado deserto cando o xurado así o determine e sempre por causa fundamentada.
 
Para recibiren os seus galardóns os gañadores deberán comparecer obrigatoriamente no acto de entrega de premios, perdendo ese dereito no caso contrario.
 
Os relatos, de temática libre, deberán ser orixinais, inéditos, en galego e non poderán estar xa premiados noutros certames. A súa extensión non excederá de 10 folios, por unha soa cara e con interliñado de duplo espazo. Ademais deberán presentarse mecanografados e encabezados por un lema ou pseudónimo.
 
Os traballos enviaranse por correo ordinario á sede social da Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia (Rúa do Pito, 1. 32930 San Lourenzo de Piñor. Ourense), indicando no sobre: PARA O XXIV CERTAME LITERARIO DE PIÑOR. Xunto cos traballos, os participantes deberán enviar os seus datos nun sobre no que aparecerá pola súa parte externa, o lema ou pseudónimo, así como a categoría na que  participan. Dentro del, figurará o nome e apelidos do autor, idade, enderezo, correo electrónico e número de teléfono. 
 Os traballos tamén poderán ser enviados mediante un correo electrónico a justocalvio@yahoo.es con dous arquivos Word, contendo o primeiro deles, denominado “relato”, a obra a concurso, o lema ou pseudónimo, e a categoría na que participa; e o segundo, denominado “plica”, o lema ou pseudónimo e os datos persoais que se esixen do autor. 
 
prazo de admisión estará aberto ata o venres 3 de maio de 2019.
 
A entrega dos premios terá lugar o sábado, 11 de maio de 2019, pola tarde, no Liceo da cidade de Ourense. 
 
Os relatos premiados serán editados na web da asociación Música e Cultura de Galicia, reservándose tamén os organizadores o dereito de publicalos en libros e outros medios de difusión. Os gañadores deberán enviar por correo electrónico os seus traballos á organización do certame, antes da entrega de premios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario