O NOSO C.PI.

viernes, 10 de mayo de 2019

ACTOS EN CONMEMORACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS NA EGAP.

Actos en conmemoración do Día das Letras Galegas na EGAP

07 Mai 2019
    A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas de 2019 ao escritor, historiador e antropólogo Antón Fraguas Fraguas (1905-1999). 
    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) organiza un acto literario, seguido da inauguración dunha mostra de arte, así como dunha viaxe de interese cultural.
    No acto literario e posterior inauguración da mostra de arte poderá participar calquera persoa interesada. Á viaxe cultural terá acceso só o persoal empregado público ao servizo de calquera das administracións públicas de Galicia.
    O día 15 de maio, ás 12.30 horas, no salón de actos da EGAP, celebrarase un acto literario en que a música Sonsoles Penadique e a contacontos Verónica Rilo interpretarán unha obra en homenaxe ao autor. Ao finalizar o acto, entregaranse os premios do concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas e inaugurarase a Mostra de Arte das Letras Galegas, na cal persoal empregado público da Administración autonómica exhibirá na sede da EGAP, ata o vindeiro 15 de xuño, as súas creacións artísticas.
    O día 17 de maio terá lugar unha viaxe de interese cultural polos escenarios onde transcorreu unha boa parte da vida do autor agasallado. O programa e o percorrido poderanse consultar na páxina web da EGAP (https://egap.xunta.gal/).
    As persoas interesadas en participar no acto literario deberán formalizar a súa inscrición a través da área de matrícula da web da EGAP (https://egap.xunta.gal/matricula/). 
    O prazo estará aberto ata as 23.00 horas do día 13 de maio de 2019.
    Poderase obter calquera outra información, das 8.30 ás 14.30 horas, nos teléfonos 981 54 62 41 e 981 54 62 39

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario