BORRADOR PROGRAMA “ENCONTRO CORRESPONDENTES XUVENÍS” NO COMPLEXO XUVENIL“AS MARIÑAS” Datas: 18, 19 e 20 de Xaneiro.
❖ Venres 18 de xaneiro
17:00 h.- Chegada dos/as participantes en autobús ao complexo xuvenil “As Mariñas”. Entrega de documentación por parte dos/as participantes e elaboración de etiquetas identificadoras personalizadas. Instalación nos respectivos albergues.
21:00 h.- Cea no albergue de Gandarío.
22:30 h.- Actividade: “A miña experiencia como correspondente xuvenil”.
❖ Sábado 19 de xaneiro
8:30 h.- Almorzo no albergue de Gandarío
10:00 h.- Mocidade Activa. os/as participantes, libremente, poderán optar por distintos postos de actividades adaptadas ás idades dos/das participantes:
1- Tirolina
2- Rocódromo
3- Escape room
4- Tiro con arco, tiro con cerbatana e dardos.
5- Torneo multideporte
6- Xogos populares galegos
7- Deportes alternativos
8- Bailes latinos, hip-hop, zumba
9- Obradoiro de circo
10- Obradoiros de creatividade.
13:00 h.- Benvida institucional de Cristina Pichel Toimil, Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
14:30 h.- Xantar
15:00 h.- Saída en autobuses cara a Coruña
16:00 h.- Visita á Casa dos Peixes
19:00 h.- Tempo libre na Coruña
20:30 h.- Regreso en autobús ao albergue
21:00 h.- Cea
22:30 h.- Velada temática con diversas actividades: Campionato de Sing-Star Photocall Animación musical Bar de cocteis sen alcol Espazo chillout Xogos de mesa de estratexia Tatuaxes temporais con aerógrafo
❖ Domingo 20 de xaneiro
09:00 h.- Almorzo.
10:00 h.- Preparación dunha campaña de promoción do programa de Correspondentes Xuvenís no albergue de Gandarío (no caso de chuvia, no albergue “Mariña Española”). Co apoio dos monitores e monitoras, os/as participantes deseñarán e executarán dstintas accións dirixidas a promocionar o programa de correspondentes xuvenís nas redes sociais.
12:30 h.- Avaliación do encontro.
13:00 h.- Recollida das habitacións
14:00 h.- Xantar en Gandarío
15:00 h.- Saída dos autobuses