O NOSO C.PI.

viernes, 29 de marzo de 2019

PREMIOS EXTRAORDINARIOS

Premios extraordinarios de formación profesional de grao superior

04 Mar 2019





A Consellería de Educación convoca premios extraordinarios de formación profesional para o alumnado que realizou estudos de formación profesional de grao superior no curso 2017/18 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia e que os rematou no ano 2018.
Poderanse conceder ata 23 premios extraordinarios, un por cada familia de formación profesional de grao superior que se imparte na Comunidade Autónoma de Galicia.
Poderá optar aos premios extraordinarios de formación profesional o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
1. Ter cursados estudos de formación profesional de grao superior no curso 2017/18 nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e telos rematados no ano 2018.
2. Ter obtido unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50.
A dotación para os premios será de 850 € por premio.
O prazo para optar aos premios estará aberto ata o 4 de abril de 2019.
A inscrición pode facerse en https://sede.xunta.es co procedemento ED311B
Máis información no DOG do 4 de marzo de 2019 e en http://www.edu.xunta.es/premiosfp


PROXECTOS DE ENERXÍA SOLAR PARA PARTICULARES.





O Instituto Enerxético de Galicia (Inega) convoca subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica e para proxectos de enerxías renovables de uso térmico dirixidas a particulares, para o ano 2019.
O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos promovidos polos particulares e polas súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables.
prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día 8 de abril ás 9.00 horas e finalizará o 1 de xullo.

prazo de execución das instalación iniciarase unha vez efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade e rematará o 30 de setembro de 2019.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento IN421O para proxectos de enerxía solar fotovoltaica e IN421P para uso térmico
Máis información no DOG do 5 de marzo de 2019 e en www.inega.gal

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

Programa de voluntariado xuvenil en espazos naturais

08 Mar 2019


A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado no marco do proxecto LEWO - LIFE Evergreen with volunteer- LIFE16 ESC ES001 organiza actividades de voluntariado ambiental nos meses marzo, abril, maio e xuño de 2019.
O proxecto LIFE Evergreen with volunteer- LEWO é un proxecto do Corpo Europeo de Solidariedade que está cofinanciado pola Unión Europea, a través da Dirección Xeral de Medioambiente, ao abeiro do programa LIFE ESC e a Xunta de Galicia por medio da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e a Dirección Xeral de Patrimonio Natural.
O principal obxectivo do proxecto é sensibilizar e fomentar o respecto polo rico patrimonio natural de Galicia, así como preservar e potenciar estas zonas coa contribución dos mozos e mozas voluntarias.
Ao abeiro deste proxecto desenvólvense actividades de tres tipos: preservación e conservación; investigación ou catalogación de flora e fauna da zona; e accións educativas de información e sensibilización.
Requisitos para participar:
- Ter entre 18 e 30 anos
- Residir en Galicia
- Estar rexistrado/a no Corpo Europeo de Solidariedade; se non o estás, podes facelo aquí de xeito sinxelo: https://europa.eu/youth/solidarity_es
- Cumprimentar o formulario de participación da zona ou zonas de interese.
As persoas voluntarias poden participar en todas as actividades programadas. En todo caso, se o grupo das persoas apuntadas excede do máximo permitido na zona serán seleccionadas por rigoroso orde de inscrición.
Así mesmo, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado resérvase o dereito de anular a actividade por causas climatolóxicas ou no caso de non apuntarse un mínimo de persoas que garanta un correcto funcionamento do proxecto.
Cobertura: desprazamento, manutención, aloxamento en habitacións de uso múltiple, seguros e actividades formativas.
Observacións: cada participante deberá levar os útiles de aseo persoal e toalla así como calzado e roupa axeitada para actividades ao aire libre.
Máis información:
Teléfono: 881 999 567
Correo: erasmus.xuventude@xunta.gal

CALENDARIO DE ACTIVIDADES NO 2019:
Días 15, 16 e 17 de marzo:
Zona: PARQUE NATURAL FRAGAS DO EUME (máximo 20 persoas)
 Punto de encontro e aloxamento:
 Albergue xuvenil de Gandarío, Aldea Cornide 20, 15167 Bergondo, A Coruña
 Hora de chegada 19:00 do día 15 de marzo
 Hora de regreso: 17:00h do 17 de marzo
 Formulario de inscrición
Días 29, 30 e 31 de marzo:
Zona: PARQUE NATURAL FRAGAS DO EUME (máximo 20 persoas)
 Punto de encontro e aloxamento:
 Albergue de Gandarío, Aldea Cornide 20, 15167 Bergondo, A Coruña
 Hora de chegada 19:00 do día 29 de marzo
 Hora de regreso: 17:00h do 31 de marzo
 Formulario de inscrición
Días 22, 23 e 24 de marzo:
Zona: RESERVA DA BIOSFERA FRAGAS DO MANDEO (máximo 20 persoas)
 Punto de encontro e aloxamento:
 Albergue de Gandarío, Aldea Cornide 20, 15167 Bergondo, A Coruña
 Hora de chegada 19:00 do día 22 de marzo
 Hora de regreso: 17:00h do 24 de marzo
 Formulario de inscrición
Días 5, 6, 7 de abril:
Zona: PARQUE NATURAL DO COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO (máximo 20 persoas)
 Punto de encontro e aloxamento:
 Hostal Áncora r/ Alcalde Fernández Bermúdez 5, 15950 Ribeira
 Hora de chegada 19:00 do día 5 de abril
 Hora de regreso: 17:00h do 7 de abril
 Formulario de inscrición
Días 5, 6 e 7 de abril:
Zona: ILLA DE SÁLVORA (máximo 10 persoas)
 Punto de encontro: Peirao de Aguiño, 15965 Aguiño (Ribeira)
 Hora de chegada: 17:30 do día 5 de abril
 Hora de regreso: 17:00h do 7 de abril
 Aloxamento na propia illa.
 Formulario de inscrición
Días 12, 13 e 14 de abril
Zona: PARQUE NATURAL DE BAIXA LIMIA-SERRA DO XURÉS (máximo 20 persoas)
 Tipo de actividade: preservación e conservación
 Punto de encontro: Centro de interpretación do Parque Natural de Baixa Limia- Serra do Xurés , Estrada de Portugal 34,  32870 Lobios (Ourense): goo.gl/maps/4tdNLWgtVuK2
 Hora de chegada 19:00 do día 12 de abril
 Hora de regreso: 17:00h do 14 de abril
 Aloxamento: en Muiños,
 Formulario de inscrición
Días 17, 18,19 e 20 de abril (Semana Santa)
Zona: PARQUE NATURAL DE ANCARES (máximo 20 persoas)
 Tipo de actividade: preservación e conservación
 Punto de encontro e aloxamento: Mesón Novo, Campa da Braña, Os Ancares, 27664 Cervantes
 Hora de chegada 20:00 do día 17 de abril ou 10:00h do 18 de abril
 Hora de regreso: 17:00h do 20 de abril
 Formulario de inscrición
Días 29, 30 de abril, 1, 2 e 3 de maio:
Zona: ILLA DE CORTEGADA (máximo 10 persoas)
 Tipo de actividade: preservación e conservación
 Punto de encontro: peirao de Carril
 Hora de chegada 10:00 do día 29 de abril
 Hora de regreso: 17:00h do 3 de maio
 Formulario de inscrición
Días 6,7,8 9 e 10 de maio:
Zona: ILLAS CÍES (máximo 8 persoas)
 Tipo de actividade: preservación e conservación
 Punto de encontro: peirao de Vigo, Rúa das Avenidas 1, 36202 Vigo
 Hora de chegada 10:00 do día 6 de maio
 Hora de regreso: 17:00h do 10 de maio
 Aloxamento na propia illa.
 Formulario de inscrición
Días 13, 14, 15, 16 e 17 de maio:
 Zona: ILLA DE ONS (máximo 8 persoas)
 Tipo de actividade: preservación e conservación
 Punto de encontro: peirao de Bueu (xunto á lonxa)
 Hora de chegada 10:00 do día 13 de maio
 Hora de regreso: 17:00h do 17 de maio
 Aloxamento na propia illa.
 Formulario de inscrición
Días 20,21 22 23 e 24 de maio:
Zona: ILLA DE ONS (máximo 8 persoas)
 Tipo de actividade: preservación e conservación
 Punto de encontro: peirao de Bueu (xunto á lonxa)
 Hora de chegada 10:00 do día 20 de maio
 Hora de regreso: 17:00h do 24 de maio
 Aloxamento na propia illa.
 Formulario de inscrición
 Día 31 de maio, 1, 2 de xuño:
 Zona: ILLA DE ONS (máximo 8 persoas)
 Tipo de actividade: preservación e conservación
 Punto de encontro: peirao de Bueu (xunto á lonxa)
 Hora de chegada 19:00 do día 31 de maio
 Hora de regreso: 17:00h do 2 de xuño
 Aloxamento na propia illa.
 Formulario de inscrición
Día 25 de maio:
Zona: PARQUE NATURAL SERRA DA ENCIÑA DA LASTRA (máximo 10 persoas)
 Tipo de actividade: preservación e catalogación
 Punto de encontro:
 Centro de visitantes do P. N. Serra da Enciña da Lastra, Praza dos Bolos s/n Biobra, 32004 Rubiá
 Hora de chegada 10:00 do día 25 de maio
 Hora de regreso: 19:00h do 25 de maio
 Formulario de inscrición

CAMPUS CIENTÍFICO DE VERÁN 2019

O Ministerio de Educación convoca 1.560 axudas para participar no ano 2019 no Programa «Campus Científicos de Verán» para alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato.
Os Campus terán lugar do 2 ao 29 de xullo de 2017, en catro quendas de 7 días de duración cada un, de domingo pola tarde a sábado a mediodía.
- Primeira quenda de 1º de Bacharelato: do 30 de xuño ao 6 de xullo
- Segunda quenda de 1º de Bacharelato: do 7 ao 13 de xullo
- Primeira quenda de estudantes de 4º de ESO: do 14 ao 20 de xullo
- Segunda quenda de estudantes de 4º de ESO: do 21 ao 27 de xullo
Os proxectos ofertados, enmarcaranse nalgunha das áreas científicas: física, química, matemáticas, ciencias naturais e medioambientais e nas súas disciplinas asociadas.
Proxectos:
Universidade Autónoma de Madrid, Universidade de Almería, Universidae de Burgos, Universidade de Cádiz, Universidade Carlos III de Madrid, Universidade de Extremadura, Universidade de Granada, Universidade Jaume I de Castellón, Universidade das Palmas de Grana Canaria, Universidade de oviedo, Universidade Politécnica de Cartaxena, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Sevilla, Universidade de Valencia e Politécnica de Valencia e Universidade de Vigo.
Requisitos:
Ter nacido con posterioridade ao 31 de decembro de 2000.
Estar a cursar, no ano académico 2018-2019 1º de Bacharelato da modalidade de Ciencias, ou 4º de ESO na opción de ensinos académicos cursando as materias troncais de "bioloxía e xeoloxía" e "física e química" ou na opción de ensinos aplicados cursando as materias troncais de "ciencias aplicadas á actividade profesional" e "tecnoloxía", 
Ter unha nota media no curso escolar 2017-2018 igual ou superior a 8,5 puntos.
As solicitudes deberanse cumprir mediante o formulario accesible por vía telemática a través da dirección electrónica www.campuscientificos.es
A obtención da axuda comportará a cobertura dos gastos de participación no proxecto adxudicado, con excepción do traslado desde os seus lugares de orixe ata o Campus asignado, así como desde este ata os seus domicilios, que será por conta dos adxudicatarios das axudas.
Os solicitantes que obteñan praza, deberán abonar a cantidade de 85 euros, en concepto de matriculación
Haberá 4 quendas de participación entre os días 30 de xuño e o 27 de xullo de 2019.
Os campus científicos desenvolveranse en varias universidade españolas, entres elas a de Vigo e a de Santiago.
prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 1 de abril de 2019 ás 13:00h.
Máis información no BOE do 18 de marzo de 2019 e en www.campuscientificos.es http://educacion.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/estudiantes/becas-ayudas/extraescolares.html

PREMIO DE POESÍA

Premio de poesía Carme Villaverde

19 Feb 2019

O Instituto Nº1 de Ordes, en colaboración co Departamento de Lingua e Literatura Galegas, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca do centro, convoca a sexta edición do Premio de Poesía, en lembranza da profesora Carme Villaverde Raña.
BASES:
1- Poderán participar alumnos e alumnas de ESO, Bacharelato, ESA e Ciclos Formativos que cursen estudos en Galicia e non teñan cumpridos 20 anos a 31 de decembro de 2019.
2- Presentaranse tres composicións, con liberdade de metro e rima. Deberán ser orixinais, inéditas e escritas en lingua galega.
3- Remitiranse cinco exemplares en papel en formato DIN A-4.
Só se fará constar o título da obra e un pseudónimo. En sobre a parte, pechado e co título da obra e o pseudónimo no exterior, incluiranse os datos persoais do autor: nome e apelidos, enderezo, teléfono de contacto, idade, curso e centro onde estuda.
4- As obras deberán ser enviadas ao
“ VIII Premio de poesía Carme Villaverde“
IES Nº1 de Ordes, Rúa Nicolás del Río, s/n
15680 Ordes,  A Coruña
5- Concederase un único premio de 400 euros. Se o xurado o considera oportuno, pola baixa calidade das obras presentadas, o premio poderá ser declarado deserto. A decisión do xurado é inapelable.
6- O xurado estará formado por profesorado de lingua e literatura.
7- O prazo de presentación estará aberto ata o 3 de maio de 2019 ás 14:00 horas.
8- O veredito do xurado darase a coñecer o día 10 de maio de 2019 ás 12:00 horas. Comunicaráselle persoalmente ao premiado.
9- A entrega do premio terá lugar nun acto que se celebrará na Casa da cultura de Ordes a día 24 de  maio ás 19:00 horas.
10- A obra gañadora será publicada na revista do centro "Para iso, para nós".

O PATRIMONIO CULTURAL COMO INSTRUMENTO DO DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE



A Escola Galega de Administración Pública convoca o curso monográfico O patrimonio cultural como instrumento de desenvolvemento sustentable e de relevancia turística.


Duración:  12 horas lectivas.

Lugar:  Escola Galega de Administración Pública, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

Datas:  4 e 5 de abril de 2019.

Horario 4 de abril, mañá e tarde; 5 de abril, mañá.

Número de prazas:   limitado pola capacidade do local.

O prazo para a inscrición estará aberto ata o día 31 de marzo de 2019.

Máis información no DOG do 22 de marzo de 2019 e en https://egap.xunta.gal.



ASOCIACIÓN AO ASOCIACIONISMO E A PARTICIPACIÓN DAS MULLERES



Axudas ao asociacionismo e a participación das mulleres

22 Mar 2019




consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas, a través das seguintes liñas:
- Liña 1:  consolidación do movemento asociativo, para compensar gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e as súas federacións.
- Liña 2:   promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de acompañamento das vítimas, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Requisitos:
- Ter domicilio social en Galicia.
- Estar inscritas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).
- Ter presentada a memoria de actividades (relativa a actuacións de promoción da igualdade e de prevención e tratamento da violencia contra as mulleres), con anterioridade a que remate o prazo de presentación de solicitudes
- Os fins e obxectivos das asociacións e das federacións solicitantes deberán contribuír a promover a igualdade entre homes e mulleres e a potenciar a participación e a presenza das mulleres na vida política, económica, cultural e social.
- As mulleres socias deben representar, polo menos, o 90 % da totalidade das persoas asociadas, tanto no caso das asociacións como das federacións.
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 22 de abril de 2019.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento SI437A
Máis información no DOG do 22 de marrzo de 2019 e en http://igualdade.xunta.es

XXIV CERTAME LITERARIO DE PIÑOR.


A Asociación Música e Cultura de Galicia convoca o XXIV Certame Literario de Piñor na especialidade de narracións breves.
 
Establécense dúas categorías, premiándose os dous mellores relatos en cada unha delas:
-Categoría A para participantes maiores de idade. 
-Categoría B para participantes menores de idade.
 
Na categoría A premiaranse os dous mellores relatos, con 160 euros para o primeiro clasificado e 125 para o segundo. Entregaráselle ademais a cada un deles un diploma acreditativo do seu galardón e un obsequio conmemorativo.
Na categoría B premiaranse os dous mellores relatos, con 80 euros para o primeiro clasificado e  60 para o segundo. Entregaráselle ademais a cada un deles un diploma acreditativo do seu galardón e un obsequio conmemorativo.
 
Ningún concursante poderá obter dous premios na presente edición deste certame, polo que no caso de ter puntuación suficiente para dous, outorgaráselle soamente o mais importante.
Un premio poderá ser declarado deserto cando o xurado así o determine e sempre por causa fundamentada.
 
Para recibiren os seus galardóns os gañadores deberán comparecer obrigatoriamente no acto de entrega de premios, perdendo ese dereito no caso contrario.
 
Os relatos, de temática libre, deberán ser orixinais, inéditos, en galego e non poderán estar xa premiados noutros certames. A súa extensión non excederá de 10 folios, por unha soa cara e con interliñado de duplo espazo. Ademais deberán presentarse mecanografados e encabezados por un lema ou pseudónimo.
 
Os traballos enviaranse por correo ordinario á sede social da Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia (Rúa do Pito, 1. 32930 San Lourenzo de Piñor. Ourense), indicando no sobre: PARA O XXIV CERTAME LITERARIO DE PIÑOR. Xunto cos traballos, os participantes deberán enviar os seus datos nun sobre no que aparecerá pola súa parte externa, o lema ou pseudónimo, así como a categoría na que  participan. Dentro del, figurará o nome e apelidos do autor, idade, enderezo, correo electrónico e número de teléfono. 
 Os traballos tamén poderán ser enviados mediante un correo electrónico a justocalvio@yahoo.es con dous arquivos Word, contendo o primeiro deles, denominado “relato”, a obra a concurso, o lema ou pseudónimo, e a categoría na que participa; e o segundo, denominado “plica”, o lema ou pseudónimo e os datos persoais que se esixen do autor. 
 
prazo de admisión estará aberto ata o venres 3 de maio de 2019.
 
A entrega dos premios terá lugar o sábado, 11 de maio de 2019, pola tarde, no Liceo da cidade de Ourense. 
 
Os relatos premiados serán editados na web da asociación Música e Cultura de Galicia, reservándose tamén os organizadores o dereito de publicalos en libros e outros medios de difusión. Os gañadores deberán enviar por correo electrónico os seus traballos á organización do certame, antes da entrega de premios.

EXÉRCITO DO AIRE


O Exército do Aire convoca os Premios Exército do Aire 2019 nas seguintes modalidades:
Modalidade Pintura:
Nos premios de pintura poderán participar artistas e creadores con obras individuais inéditas.
A temática estará relacionada coas diferentes facetas do Exército do Aire: actividades e misións, aspectos históricos ou presentes, unidades, persoal ou medios materiais cos que está dotado.
Primeiro premio:  6.000 € e trofeo Plus ultra.
Accésit:  3.000 € e placa.
Modalidade de Aula Escolar Aérea
A este premio poden presentarse centros de ESO en territorio nacional, con traballos colectivos dos alumnos matriculados nos mesmos.
A temática estará relacionada coas diferentes facetas do Exército do Aire: actividades e misións, aspectos históricos ou presentes, unidades, persoal ou medios materiais cos que está dotado.
O premio consistirá nunha viaxe de 5 días a fin de coñecer e visitar de preto unidades, centros e organismos (UCO) do Exército do Aire, para un máximo de 10 alumnos e 2 profesores, utilizando medios militares para cubrir os servizos de transporte, aloxamento e manutención.
Modalidade de Modelismo Aeronáutico
Poderán participar aquelas obras que mellor reproduzan, a escala, modelos de aeronaves ou aeróstatos que formen ou formasen parte da historia aeronáutica militar española ou do Exército do Aire, de acordo coas seguintes categorías:
Aeromodelismo ou dioramas:  Premio único ambas as categorías: 2.000 € e trofeo Plus ultra.
Taller de modelismo infantil:  Premio único: Trofeo Plus ultra, obsequio e bautismo de voo.
Modalidade de Investigación Aeroespacial Universitaria:
Estes traballos desenvolverán liñas de estudo de investigadores universitarios nas diferentes ramas existentes no sector aeroespacial e que profundan nos avances da industria de defensa española.
Premio único:  4.000 € e trofeo Plus ultra.
Modalidade de Imaxe Aeronáutica
Inclue a modalidade de Fotografía e de Vídeo aeronáutico.
Fotografía, diferenciando as seguintes categorías:
- Mellor colección de fotografía aeronáutica.
- Mellor fotografía aeronáutica.
- Mellor fotografía de interese humano.
Poderán presentarse a esta modalidade fotografas ou diapositivas en formato dixital, orixinais e de tamaño libre, de temática aeronáutica relacionada coas diferentes facetas do Exército do Aire: actividades e misións, unidades, persoal ou medios materiais cos que está dotado.
Modalidade de vídeos aeronáuticos
Poderán presentarse ao concurso gravacións audiovisuais en formato dixital (imaxes ou animacións), con montaxes orixinais de temática relacionada coas diferentes facetas do Exército do Aire: actividades e misións, aspectos históricos ou presentes, unidades, persoal ou medios materiais cos que está dotado.
Premios:
- Premio á "mellor colección": 2.000 euros e trofeo Plus ultra.
- Accésit á “mellor colección”: 500 euros.
- Premio á "mellor fotografía": 1.000 euros e placa.
- Accésit á “mellor fotografía”: 500 euros.
- Premio á mellor fotografa "interese humano": 1.000 euros e placa.
- Accésit á mellor fotografa “interese humano”: 500 euros.
- Premio ao mellor vídeo aeronáutico: 1.000 euros e placa.
Modalidade de Artigos Revista de Aeronáutica e Astronáutica
Artigos de divulgación.  Concédense dous premios anuais para distinguir aqueles traballos que consoliden o prestixio da Revista de Aeronáutica e Astronáutica: Primeiro Premio: 3.000 euros e diploma. Segundo Premio: 1.000 euros e diploma
Artigo sobre helicópteros. Ten o propósito de incentivar a investigación e divulgación sobre a historia, actualidade, procedementos, utilización e operación dos helicópteros: Premio único: 3.000 euros e diploma
Artigos sobre enxeñería aeronáutica ou aeroespacial.  Co fin de incentivar a investigación e divulgación sobre a actualidade, procedementos, utilización, sostemento e operación do material aeronáutico ou aeroespacial: Premio único: 3.000 euros e diploma
Modalidade de Creación Literaria
Con este premio preténdese galardoar tanto o mellor traballo de narrativa literaria breve en prosa (conto ou novela curta) como os valores poéticos, de temática relacionada co Exército do Aire, os seus integrantes, unidades, historia e tradicións, así como á actividade aérea nas súas diferentes facetas.
Premio único de narrativa ou poesía: 2.000 € e trofeo Plus ultra
Accésit: 1.000 € e placa
Modalidade de Promoción da cultura aeronáutica
Con esta distinción especial o Exército do Aire quere incentivar todas aquelas iniciativas de persoas, asociacións, fundacións e todo tipo de entidades públicas ou privadas, que contribúan á difusión e fomento da cultura aeronáutica en particular, e da cultura de defensa en xeral.
Premio:  4.000 € e trofeo Plus ultra
Prazo: Os traballos entregaranse, ou serán remitidos con acuse de recibo, á Oficina de Comunicación do Exército do Aire (R/ Romero Robledo 8. Porta  B-09. 28008 Madrid), entre os días 6 e 17 de maio de 2019 (ambos inclusive) en horario de 09.00 a 14.00 horas, de luns a venres, consignándose no mesmo "Premios Exército do Aire 2019”, ademais da disciplina (e modalidade no seu caso) á que se presenta.
Máis información no BOE do 26 de marzo e en http://www.ejercitodelaire.mde.es/EA/premiosea/